Aínda moi xove, Paz Andrade, evidencia un especial talento periodístico. Colabora en diferentes revistas como Grial, Outeiro ou O Ensino. Nos seus artigos aborda temas de lingua e literatura, dedicándolle unha especial atención á figura de Castelao, ó que coñece nesa época. Foi mobilizado polo Desastre de Annual e enviado a África. Posteriormente, debido a unha infección, é evacuado á península e declarado inútil para o exército. En 1940 nace o seu fillo Alfonso. Mantén contactos cos republicanos e despois da morte de Castelao en 1950 relaciónase cos emigrantes e exiliados galegos en Arxentina e intensifica a súa relación co mundo da pesca e a súa colaboración coa FAO. En 1976 e 1977, despois da morte do Dictador, representa a Galicia na "Comisión dos dez", que negociou a transición co goberno español presidido por Adolfo Suárez, e nas eleccións democráticas que teñen lugar ese último ano foi elexido senador por Pontevedra dentro das listas da Candidatura Democrática Galega. En 1978 pronuncia o discurso de ingreso na Real Academia Galega, da que é membro desde 1964. Como promotor que é dos estudios económicos en Galicia, publicou numerosas obras sobre o mundo da pesca e a actividade económica en Galicia. Valentín Paz Andrade, desde hai pouco tempo, dálle nome ó noso Instituto. Un pequeno pero merecido tributo a un galego para o que, en palabras de Xosé Filgueira Valverde, "Galicia, foi sempre, na vida e nos froitos, norte das rutas, meta dos pensamentos, ánimo de vizosos traballos. |
jueves, 10 de mayo de 2012
Valentín Paz Andrade
Valentín Paz Andrade
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario