viernes, 12 de abril de 2013

15 DE ABRIL LETRAS REPUBLICANAS

o dia 15 de abril, na BIBLIOTECA CENTRAL DE FERROL, no CLUB DE LECTURA DE POESÍA, teremos nas nosas mans e daremos lectura a poemas de MARIA LADO E LUCIA ALDAO, acompañándoos con poemas de ROQUE DALTON.
Sera o recordatorio das primaveras que jamas abandónannos, e fan dos invernos algo mais que desolación e intemperie, semilleros e calmas para o amor e o pensamento, e de aí fecundan as primaveras de barricadas en flor, e longas marchas cara aos porvires necesarios, compartidos, de resistencia e risa.








Anti-infancias II (versos que non fun quen de queimar)

       Os nenos teñen PENA
E as nenas teñas (a) VACINA.

Así chegaban as malicias,
Rompendo os piterpanes con presa, sen pausa,
E dicindo polo baixo:
NON FAGAS ISO QUE ME PERDO
NON FAGAS ISO QUE ME PERDO
...
      É por educación polo que teño a lingua mordidísima,
E se aínda por riba me castigas sen postre
É moi posible que acabe roubando nos supermercados.
É tan posible que teña que comer os petisuis
Cos dedos...

Ó mellor estamos onde só paga a pena exteriorizar
A roupa interior
E a alegría que levo cando me regalas caramelos.
Pero é que algunhas veces
Non me apetece lavar os dentes
De tanta xentiña que levei na boca

Esta excursión de fin de curso pola miña gorxa,
Toda a rebeldía que supuso sentarse no fondo dun bus
Ateigado de
Vamos a contar mentiras
Tralará.

                                                de LUCIA ALDAO

ando polo corredor na soidade que deixaron os bolsos de viaxe
vou do primeiro cuarto terriblemente osixenado
    ó teu cuarto que só che reserva un recordo asmático
                                                  e un luqui con dous cigarros
e ten quilómetros de ausencia porque antes de ter marchado
xa non eras desta cama
¿valos fumar? non che vou dicir nada pero é o pouso que quedou
como comer nun morto se fósemos asasinos en serie
como comer no noso cliente
como eu sendo nena comendo naquela primeira soidade matrimonial
maría ven cear comigo que fixen unha tortilla
mamá papá fixo unha tortilla e fun e estaba ben contento e eu
a tortilla insoportable peor que as túas ¿óesme?
pero a alegría enchíanos a boca comendo naquel amor de corpo presente
¿gústache? si papá está moi boa
¿como as de mamá? non mellor
se ti fumas un déixame o outro para min e fumeino
ata me fixo tusir e fixo eco nas paredes e parecésteme sentada na cama
era como a alegría de antes
síntoo terche asasinado.

esta é a casa nova dun día dourado polo sol
vou ficar aquí a facer café
eu cheguei de non ter unha fala e neno a casa caéme no regazo
xa sabes que me fai chorar como unha imbécil
alugamos unha tarde dourada e a casa nova saeunos pola boca
estaba alí toda o sol que nunca vira
repousando no bico das lousas
                                                                   de MARIA LADO



ROQUE DALTON


DESNUDA

Amo tu desnudez
porque desnuda me bebes con los poros,
como hace el agua cuando entre sus paredes me sumerjo.

Tu desnudez derriba con su calor los límites,
me abre todas las puertas para que te adivine, 
me toma de la mano como un niño perdido
que en ti dejara quietas su edad y sus preguntas.

Tu piel dulce y salobre que respiro y que sorbo
pasa a ser mi universo, el credo que me nutre;
la aromática lámpara que alzo estando ciego
cuando junto a las sombras los deseos me ladran.

Cuando te me desnudas con los ojos cerrados
cabes en una copa vecina de mi lengua,
cabes entre mis manos como el pan necesario,
cabes bajo mi cuerpo más cabal que su sombra.

El día en que te mueras te enterraré desnuda
para que limpio sea tu reparto en la tierra,
para poder besarte la piel en los caminos,
trenzarte en cada río los cabellos dispersos.

El día en que te mueras te enterraré desnuda,
como cuando nacistes de nuevo entre mis piernas.
(El Turno del Ofendido, Cuba, 1962, II Por el ojo de la llave )




LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...