viernes, 17 de septiembre de 2010

Lendo a Curros

POEMA A CRUÑA
..........
E...¿quén son eu? Un poeta
ou, como quen di, un paxaro
a quen tallaron o bico
cando empezaba o seu canto;
e que, dende aquela, mudo,
dos patrios eidos xotado, 
por longas terra e mares
arrastra as áas sangrando.

Un poeta a quen un dia
hastra ese nome negaron
porque arrolar nunca soupo
o sono vil dos tiranos;
porque seapertaba ós pobos
cos seus alegres recramos
i aigoraba auroras novas
que xa están alborexando;
un poeta aquen xueces
que Dios teña en seu descanso,
condenaron a cadea
que levan os presidarios
e cuios ferros, ¡ouh Cruña!
terra de peitos fidalgos,
mandaches limar a rentas
por man dos teus maxistrados.

Mais coido que nestas penas,
nestes aldraxes i escarnios,
nos que non hai groria algunha
(que de homes son os traballos)
estan as executorias
do voso tolo entusiasmo.

..............
Cuba, que améi delorida,
acólleme espatriado
e nella no ha de faltarme
unha conquiña de caldo.

..............

martes, 7 de septiembre de 2010

Club de Lectura de Poesía, IV año. PROGRAMA

 E un ano mais pomos en marcha o Club de Lectura. Como é habitual celébrase todos os luns alternos na BIBLIOTECA MUNICIPAL, que tan xenerosamente nos facilita Carmen. E sempre a gentil axuda dos que nela traballan.

As lecturas faranse a partir das sete e me día da tarde ata as nove. Todas as lecturas irán acompañadas por unha pequena antoloxía do poeta correspondente.

Esperamos a vosa entusiasta asistencia. Cada ano corroboramos que a poesía, a súa lectura fai o milagre de emocionar a todos sen discriminacións de ningún tipo. Iso énchenos de entusiasmo e afiánzanos na nosa convicción de que a poesía, pola súa natureza pertence a todas as persoas que a ela se achegan. A súa materia prima, a palabra, é a propiedade luminosa que o individuo só pode usufructuar en contacto co outro.
Saúdos cordiais e feliz ano poético que en tempo escuros faranos manter o amor, a dignidade e a resistencia que xuntos fannos humanos, profundamente humanos.
Y un año mas ponemos en marcha el Club de Lectura. Como es habitual se celebra todos los lunes alternos en la BIBLIOTECA MUNICIPAL, que tan generosamente nos facilita Carmen. Y siempre la gentil ayuda de los que en ella trabajan.
Las lecturas se harán a partir de las siete y me día de la tarde hasta las nueve. Todas las lecturas irán acompañadas por una pequeña antología del poeta correspondiente.
Esperamos vuestra entusiasta asistencia. Cada año corroboramos que la poesía, su lectura hace el milagro de emocionar a todos sin discriminaciones de ningún tipo. Ello nos llena de entusiasmo y nos afianza en nuestra convicción de que la poesía, por su naturaleza pertenece a todas las personas que a ella se acercan. Su materia prima, la palabra, es la propiedad luminosa que el individuo solo puede usufructuar en contacto con el otro.
Saludos cordiales y feliz año poético que en tiempo oscuros nos hará mantener el amor, la dignidad y la resistencia que juntos nos hacen humanos, profundamente humanos.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...