É absolutamente imprescindible facer publico o agradecemento a todos os que participaron nesta semana Salvaxe de Poesia Encarnada.
Aos que nos axudaron a facer realidade: Maxi e Dani, a súa amabilidade e disposicion, a súa logistica de barricada, a inmediatez das súas solucións, fixeron posible a actitude xenerosa dos poetas.
Estes, empezando por Marcos Lorenzo, xestor municipal escelente, poeta e amigo, todo un luxo no proceso de materializacion e conclusion do proxecto.
Maria Lado, Lucia Aldao, Victor M. Diez, amigo entrañable, David gonzalez, O Leo, Estevo Creus, camilo Franco, e Carlos Oroza e Carlos Rivas, manuel cortes, todos, connosco incluídos, gozamos dunha polifonia de voces libres, tenras, rabiosas, xenerosas, insurrectas, irredentas, ousadas e valentes que hau feito destes dias un acontecemento cidadán cuxa transcendencia, cremos, escápallenos.
Grazas a todos pola salvaxe poetica da vida que nestes dias fíxose patente, en voo rasante e solidario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario