jueves, 10 de abril de 2008

OBRADOIRO DE POESIA DAS MAUS DE ESTEVO CREUS

LOS LUNES 14, 21 Y 28 DE ABRIL DEL 2008

OBRADOIRO DE POESIA A CARGO DE ESTEVO CREUS

Quero

que vos caian na cabeza

un par de tigres.

Que vos anden pola boca todo o día

que vos resoen na cara

que penetren nos vosos ollos

e non saibades por que.

Que vos cansen

que vos abafen

que vos farten

que vos saian da memoria

máis profunda

quizais ás doce en punto

cando ninguén o espera.

Quero que vos caian na cabeza

un par de tigres

así de dolorosos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Marabilloso poema dun marabilloso poeta.
Oxalá a poesía nos nacese coma tigres
;))

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...