jueves, 10 de abril de 2008

PoesíaDigital

PoesíaDigital

AQUI INFORMACION SOBRE A POESIA GALEGA ACTUAL

outro poema de ESTEVO CREUS:








Logo, voltaba á casa.

Un tigre azul esperábame contigo, e ós poucos, iámolo soterrando de vagar, entre canción e canción, entre baile e baile; deitándolle a area nos ollos e nas patas, esperando a que medrasen mapoulas entre os dentes ou a que caese enfermo de tanta marea sen chuvia.

SOMOS

COMA DOUS NENOS TRISTES

NO MEDIO DAS ORTIGAS

ATRAPANDO CASCARRUBIAS E SALTÓNS

DETRÁS DAS PERSIANAS

MENTRES TODOS DORMEN

NA VENTÁ DA CASA

ATRAPANDO CASCARRUBIAS E SALTÓNS

COS OLLOS PECHADOS

ONDE CASE QUE É IMPOSIBLE

QUE SE REFLICTA A LÚA.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...