Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas

domingo, 7 de junio de 2015

“Para a vida das palabras é máis importante que exista unha Semana da Poesía Salvaxe que unha Academia”

“Para a vida das palabras é máis importante que exista unha Semana da Poesía Salvaxe que unha Academia” - Ferrol - Diario de Ferrol

“Para a vida das palabras é máis importante que exista unha Semana da Poesía Salvaxe que unha Academia”

 | Actualizado 07 Junio 2015 
Rivas presentará o libro “Poemas de 21 gramos na báscula de Ohio”      L.P.
Rivas presentará o libro “Poemas de 21 gramos na báscula de Ohio” L.P.


Baixo o título non tan misterioroso de “Poemas de 21 gramos na báscula de Ohio”, Manuel Rivas regresa ao combate poético tralos seis anos transcorridos desde a súa última achega, “A desaparición da neve”. Mañá estará recintándoos na Biblioteca Municipal da praza de España a partir das 19.30 horas. Faino dentro do taller poético que dirixe Karlotti, en certo sentido como premio de consolación por non poder ter estado (compromisos de última hora en San Jordi) na derradeira xornada da pasada Semana de Poesía Salvaxe, evento polo que sente unha indisimulada admiración. De poesía e actualidade social falamos.
 
Regresa a Ferrol e faino novamente coa súa última poesía.
Levaba seis anos sen editar pero non sen escribir. A poesía anda polos camiños e polas tabernas eu nunca deixei de atendela, é esa última bala que queda na recámara, esa carta na manga, a célula da literatura. Ando a rematar unha novela pero sempre necesito voltar á poesía, coronalo todo co loureiro da lírica. A Ferrol quixen voltar cando a semana da poesía salvaxe, pero un compromiso no San Jordi impediumo.
Mañá presentará o seu último traballo, “Poemas de 21 gramos na báscula de Ohio”. Adiántenos algo deste novo libro.
O libro en si sairá en Xerais en verán, mañá o que farei será adiantar os seus poemas. O traballo ten un título exótico e irónico porque din que a alma foi pesada nunha báscula de Ohio e tiña 21 gramos. Eu recordo cando era neno nas tendas de barrio e aldea había unhas básculas que poñían Toledo-Ohio. A min, que non coñecía Ohio, aquilo recordábame ao cruceiro de Hío. Eran uns aparatos que pesaban cousas esenciais para a xente: o pan, o azucre, etc. e vexoo como un símbolo do esencial que é a poesía na vida.
Que temas e formas lle interesan nestre regreso?
Ademais do dito, formalmente ten un fio coindutor a base de haikais, precedente dos haikus xaponeses. Con eles falo da natureza insurxente, un paisaxe que é unha psicoxeografía. Unha natureza na que apenas está presente a voz humana, non hai unha posición dominante das persoas. É a natureza quen fala, como un murmurio e faino con ese falso silencio, esa presenza que está aí. E faino para contar o seu drama. Por último, a parte final é “Oracións fúnebres”, poemas adicados a xentes que para min son heroes anónimos e que representan loitas esenciais. Aí están Elisa e Marcela, dúas mulleres que casaron na Coruña a comezos do século XX; Ánxel Vila, o patrón do Xurelo, o barco que nos levou á fosa Atlántica onde deixaban os residuos das centrais nucleares europeas; ou o crego Manuel Espiña, ao que poño en diálogo cun Deus moi humano, pequeno, coxo e con fame... Dalgún xeito é unha continuación do meu anterior libro “Mohicania” co que pecho un círculo ou máis ben fago unha especie de espiral.
En principio vén a Ferrol agora porque non puido facelo en abril á Semana da Poesía Salvaxe. Que opina desta iniciativa e dos atrancos institucionais aos seu funcionamento?
Iniciativas como a Semana da Poesía Salvaxe son as que manteñen o ecosistema literario. Son a primeira natureza da literatura e a que derrota a esas voces parvas que din que a literatura, e xa non digamos a galega, e en xeral a cultura, existen por estares subvencionada. Este e outros véxoos como espazos de resistencia e re-existencia, lugares de liberdade. Hai un termo mariñeiro axeitado, o almeiro, os lugares onde se xunta a vida, a cardume, a vida. O almeiro ademais remite a alma. Por contra está a “marca do medo”, un lugar sen peixes, esquilmado... A semana de Poesía Salvaxe e outras iniciativas así son un almeiro. Se non existisen o demais sería un gran museo de fósiles. Sendo académico, e aínda que en modo algún é contraditorio e operan en diferentes dimensións, para a vida das palabras é máis importante que existan iniciativas do tipo da Semana da Poesía Salvaxe que exista unha Academia. Estou a falar dunha iniciativa “excéntrica”, fóra do centro do poder, da palabra oficial, do discurso, da base da literatura. Estou a falar de cando hai un incendio o primeiro en agromar son esas plantas silvestres que brotan a partir do polen ou da semente que transportan os paxaros. Necesitamos iso.
Vostede implicouse activamente na Marea Atlántica que vai gobernar na Coruña. Como analiza o sucedido en xeral nas eleccións do pasado día 24?
Joseph Roth, un escritor da Galitzia austrohúngara (hoxe entre Polonia e Ucraína) falaba de “países en lento afundimento”, aqueles nos que se vive unha sensación de declive no ambiente. Aquí produciuse algo como a herba que brota nos tellados, apareceu ese outro país que é un almeiro creativo, que ama a súa identidade, a festa e a liberdade que agromou milagrosamente. No fondo hai unha sensación de que todo o mundo está contento, mesmo os que perderon. Ata a Xunta, acostumada a gobernar desfacendo, que semella que só ten éxito cando a critican porque así se demostra que existe, do contrario ninguén se enteraría do desaparecida que está. Parece que nos pobos hai unha intelixencia poética que impide o seu afundimento. Ante a insuficiencia repiratoria e a falta de osíxeno hai depósitos de esperanza que levedan como o pan, como o berro de vitalidade dun pobo. A min paréceme moi interesante porque ademais significa a reivindicación da xente nova que tan azoutada está a ser pola situación actual.

jueves, 4 de junio de 2015

POEMAS DE 21 GRAMOS NA BÁSCULA DE OHIO (Oito de Xuño, sete e media, na Biblioteca)




O desertor da néboa

Triste velocidade
Que non esconde o seu pasado,
Terra que aluca
Nas fiestras do tren
Á procura do desertor da néboa. 

Manuel Rivas 
(de Poemas de 21 gramos na báscula de Ohio

O LUNS, OITO DE XUÑO, AS SETE E MEDIA DA TARDE, NA BIBLIOTECA CENTRAL DE FERROL
TODOS E TODAS ESTADES INVITADAS, ASISTIDE, E TANTAS GARZAS, PERDÓN, GRAZAS.

martes, 30 de octubre de 2012

CHUS PATO en el Club de Lectura de Poesía, Ferrol

O Club de Poesía da Biblioteca Central da praza de España recuperou a actividade esta temporada cun incremento de participantes, ao redor de trinta inscritos. A iniciativa, coordinada e dirixida por Karlotti e Guillermo Ferrández, desenvolveu onte unha lectura de textos inéditos da poeta Chus Pato (Ourense, 1955). A escritora, que estivo hai dúas temporadas no taller falando da súa obra, enviou varios textos inéditos para os lectores ferroláns que en breve estarán publicados no libro “Leviatán”.
Diario de Ferrol-2012-10-30-011-ae1034b1
A propósito do traballo coa obra desta escritora, Guillermo Ferrández destacou que “estamos ante unha poeta do pensamento, unha escritora comprometida coa palabra. Unha voz para quen a poesía é unha maneira de vivir e de estar no mundo. A súa é unha visión que vai do marxismo ao simbolismo. Ademais, interesounos o feito de que e súa creación foi á vangarda da nova xeración de poetas galegas que, como Olga Novo ou María do Cebreiro, están creando unha obra tan potente”

miércoles, 24 de octubre de 2012

LUNS 29, CHUS PATO

ESTE PRÓXIMO LUNS LEREMOS A Chus PATO. LECTURA DE POEMAS NOS QUE CON FRECUENCIA É O POEMA, A PALABRA, O OBXECTO DA súa poesía. 
Teremos a oportunidade de escoitar unha voz potente, sen concesións, sen concesións á comodidade do lector, poesía que se fai cargo do silencio e das súas criaturas, dun silencio que nos fala da desolación e do amor, e da soidade que nos nos funda.A lingua galega se rearma e constrúese en cada poema como un milagre da pedra e da choiva que habitamos.

domingo, 25 de marzo de 2012

LEYENDO A CLARA (lunes 26 de Marzo 2012)

Este lunes, en LA BILBIOTECA MUNICIPAL, sera Clara Janés, su indomable ternura la que nos abastezca de nombres y sus voces, nos nombre el mundo, y nos lo haga respirar como si fuera el primer dia.
Con la antigüedad del presente en la lengua haremos de la estancia un coloquio donde el silencio ocupe su lugar: el aliento de cada verso.
ANTOLOGIA
runas
Ah del ladrón
que robó la blancura
y la depositó sobre los trigos
No pensó
que los cuervos
iniciarían una danza ritual
para que el sol
la bañara de sangre,
y los buitres al punto asomarían
y todo el campo
con un manto púrpura
avanzaría hacia su crucifixión.
Y Anubis enmudeció
y cerró la puerta
y en la laguna
temblaron los cipreses
Negra soy pero hermosa,
negra soy
pero no con la negrura
de los numeros oscuros
porque mi alma es transparente
cristal, vaso
para el agua de los angeles
De puro despojamiento
ha perdido incluso la idea
y la palabra.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...