jueves, 3 de abril de 2008

Noticias de CHUS PATO y poemas

Ficha do autor





o exterior do poema: a súa estatura, a cor dos seus ollos, o sexo ao que pertence; cándo
come, durme, camiña
é diferente a cando dicimos: pensamento, eu, conciencia?

existe un interior/exterior do poema?

todas estas palabras (intelecto, mente, razón... ) pertencen ao interior?

é privada a lingua que o poeta utiliza cando configura
o interior do poema?
existe un exterior?
é privado?
a linguaxe é un labirinto de camiños
un tráfico




unha voz interna, escoitamos esa voz particular; agardamos ordes, agardamos instruccións
desa voz interior

pero unha voz adentrada componse de todos os textos escritos, lidos por eses ollos-voz, de
todo o que levamos falado, de todo o que non é verbal (audible)


agardamos ordes, é así como escribimos?


dicimos é un poema inspirado
escoitamos a súa voz (a do poeta)
agardamos ordes, instruccións desa voz reclusa, inspirada, do poeta






damos gracias á deidade por esta concordancia entre o símbolo e a cousa, entre a linguaxe
e as cousas

**
alguén máis ca min podería sentir esta dor?
é privada a linguaxe na que expresamos os nosos sentimentos?
é privada a lingua na que escribo?




os cisnes, non están




vai demasiada calor





No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...