martes, 27 de mayo de 2014

ISTE LUNS, 2 DE XUÑO, COMANDO CJ Y FERNANDO NAVEIRAS

TELEFONÍA CELESTE 

Iste Luns, 2 de xuño, as sete e media temos unha nova, e última cita ata despoies do vrao no CLUB DE POESÍA, na Biblioteca Central de Ferrol.

Daremos lectura a poemas dos poetas que en este ano hemos frecuentado. 
Fernando Naveiras pondralle música a poemas señalados
e o COMANDO CJ fara unha posta en escena PICTORICO POETICA.

TRATASE DUNHA PERFORMACE PICTÓRICO-POETICA na que mezclanse relato curto en prosa poética e verso.
COMANDO CJ
Se trata de una performance pictórico-poética en la que se entremezcla relato corto en prosa poética y verso.
COMANDO CJ






lunes, 12 de mayo de 2014

Semana das Letras: Díaz Castro e moito máis

Semana das Letras: Díaz Castro e moito máis - Praza Pública

Xosé María Díaz Castro

Co 17 de maio e a fin de semana como epicentro, esta é unha semana de intensa actividade cultural e reivindicativa en Galicia ao redor da lingua e da cultura galega. Entre hoxe e o domingo non haberá un día no que non se celebre algún acto ligado a esta data, e practicamente todas as cidades e vilas do país organizan os seus.
Semana das Letras é tamén a semana grande da Real Academia Galega, que organiza os actos principais das celebracións ao redor da figura de Xosé María Díaz Castro. O mércores 14 de maio a sede das rúa Tabernasacollerá a presentación de Xosé María Díaz Castro. Nimbos de luznun acto no que tomarán a palabra o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; o director xeral de Galaxia, Víctor Freixanes; o director dodocumental O instante eterno, Xosé Antón Cascudo e os coordinadores da obra: Alfonso Blanco Torrado, Luís G. Tosar e Armando Requeixo. O acto central do Día das Letras 2014 terá lugar na Casa Habanera de Guitiriz, onde a partir das 12.45 do sábado 17 se celebrará a sesión plenaria extraordinaria e aberta da Academia. No acto tomarán a palabra, ademais do presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, os membros numerarios Xosé Luís Regueira Fernández, Darío Xohán Cabana Yanes e Xosé Luís Franco Grande.
Guitiriz acollerá o acto institucional do Día das Letras
Guitiriz acollerá o acto institucional do Día das Letras
Pero máis aló dos actos organizados pola Academia e a Consellaría, nestes días están programadas actividades públicas en todo o país, promovidas por outras entidades sociais, Concellos e tamén editoriais. Este mesmo luns, por exemplo o Club Faro de Vigo, na cidade olívica, acolle
 a charla-coloquio Xosé María Díaz Castro: a beleza que fere, na que participarán Luís González Tosar, Manuel Bragado, Xosé Luís Méndez Ferrín e Armando Requeixo.Pola súa banda, a Consellería de Cultura celebra no Gaiás o Día das Letras cun recital poético-musical organizado polo Centro PEN Galicia. Así, a Biblioteca de Galicia acolle o 16 de maio ás 19 horas o acto Díaz Castro, perdido no traxecto e salvado por un anxo, que inclúe un recital poético a cargo de Alba Cid, Luís González Tosar e Salvador García Bodaño. Marta Quintana e Cuchús Pimentel porán a nota musical, convertendo os poemas de Nimbos en cancións.

En Compostela
 A Gentalha do Pichel organiza actividades o sábado 17 en diferentes puntos da cidade. Comezarán ás dez da mañá co acto simpólico de gardar O futuro da língua nunha cápsula de tempo, e que se celebrará na escola de ensino galego Semente. Haberá tamén unha Bicicletada pola língua, un xantar popular, unha mostra de música e danza tradicional do alumnado da Semente, Gentalha e Itaca e un Concerto pola língua.Na Coruña a Asociación O Facho concentra as súas actividades este martes 13, comezando ás 12:30 cunha ofrenda floral nos xardíns de Méndez Núñez, diante do monumento a Curros Enríquez, na que ademais o presidente de O Facho, Xosé Luís Rodríguez Pardo, falará sobre Xosé María Díaz Castro. Xa pola tardiña, ás 20 horas, no local de Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22), Xulio López Valcárcel falará sobre tamén o poeta dos Vilares. Tamén na Coruña, a Livraria Suévia organiza dúas actividades o mesmo 17 de maio, que se realizarán ao longo de todo o día no espazo Test Pop Up (rúa Barcelona, 54), con entrada libre. Haberá contacontos e as presentacións dos libros Contra a morte das linguas. O caso galego (Xerais) e A Porta de Annwn. As Crónicas de Bran Vol.2 (Contos Extraños). De igual xeito, o CGAI acollerá ao longo de toda esta semana, entre o martes e o venres, a proxección dos gañadores e finalistas nesta edición dos Mestre Mateo. Ademais, o mesmo sábado 17 proxectaranse alí as curtametraxes elaboradas a partir dos poemas de Nimbos e que forman parte do Proxecto Nimbos, promovido por Acto de Primavera.

En Lugo, ademais, celébrase esta semana a feira do libro, que se inaugurará este martes e chegará até o domingo
En Ourense a Deputación 
organiza a Semana Escolar das Letras Galegas, que se desenvolverá en 49 centros da provincia, 20 deles da capital ourensá. Haberá actividades como lectura de autores, traballos de redacción, realización dun “mapa de autores” e a creación dun rap referido os 10 autores ourensáns os que se lle dedicou o Día das Letras Galegas en pasadas edicións.Tamén en Ourense o venres pola noite, na véspera das Letras, celebrarase a segunda edición do evento Cantos de Taberna - Hai que cantar!que dende as 20 horas até a medianoite buscará "reivindicar os cantos de taberna, que por moi diversos motivos foron desaparecendo dos bares e tabernas do país".
Pola súa banda, a Deputación de Lugo celebra o Día das Letras Galegas cunha exposición multidisciplinar de homenaxe a Díaz Castro na Capela de Santa María, titulada Unha insua para Díaz Castro. En Lugo, ademais, celébrase ao longo desta semana a feira do libro, que se inaugurará este martes e chegará até o domingo. Na inauguración o escritor e académico Dario Xohan Cabana poralle voz a Xosé María Díaz Castro, e o sábado 17 o Concello organiza unha ruta xeoliteraria con saída dende a Praza do Campo ás 11 horas e que percorrerá as rúas da cidade. 
Haberá tamén actividades en moitas vilas e concellos pequenos, entre os que podemos destacar entre moitos outros NarónO Burgo (cunha verbena protagonizada por Caxade e Malvela), O Grove ou San Sadurniño. As Letras Galegas tamén se celebran fóra de Galicia, grazas á actividade dos centros galegos ou das comunidades galegas no exterior: Madrid, Lisboa, Frankfurt, Vitoria-Gasteiz, Santander, Castellón, Ponferrada, Montevideo, Montreal, Londres, Xenebra ou Caracas organizan estes días eventos relacionados coa lingua e a cultura galega e con Díaz Castro.

DIAZ CASTRO, UN POETA DO TAMAÑO DO CORAZÓN

Nimbos é un libro breve, que consta de 32 poemas, agrupados en sete epígrafes ("Pórtico",
"Noite", "Lus", "Espranza", "Milagre", "Sono", "Ferida") que, con todo, amosan unha grande
coherencia e homoxeneidade, como propia dun autor maduro e de elaboración poética moi
demorada. A súa lingua é coidada, se ben incorpora moitos dialectalismos chairegos, que o
propio autor aclara nun glosario final tanto en Nimbos como noutras entregas poéticas. A
recepción que a crítica coetánea fixo do libro foi entusiasta, como mostran as recensións de R.
Otero Pedrayo, Carballo Calero, A. Cunqueiro, R. Lugrís, X. M. Álvarez Blázquez ou X. L. Franco
Grande. Este aprecio foi constante en toda a historia da literatura galega contemporánea de
modo que podería dicirse, con X. L. Méndez Ferrín, que Nimbos representa "un dos cumes da
poesía galega posterior á guerra civil". Dentro desta obra, cómpre salientar o poema
"Penélope", pola súa condensada e radical descrición de Galicia como unha tea que se está a
facer e desfacer de modo constante.
A obra poética de Díaz Castro en lingua galega posterior a Nimbos é fragmentaria e
parcialmente ficou inédita. Só nos anos oitenta, co seu retorno físico a Galicia, comezou a
publicar en revistas poéticas como Dorna, onde aparecerían varios poemas seus, vellos e
novos, que manterían o autor como un mestre poético para as novas xeracións agrupadas ao
redor desta publicación, que dirixía Luís González Tosar. Se a Díaz Castro, como di un dos seus
poemas con ecos de Aquilino, "a beleza feriume para sempre", tamén o seu legado poético
deixou unha marca indeleble na poesía galega da segunda metade do século pasado.

domingo, 11 de mayo de 2014

Teaser O instante eterno





Xa se pode ver un teaser de máis de nove minutos de O instante eterno, un documental sobre a obra e a vida do poeta dos Vilares de Guitiriz Díaz Castro no que vén traballando o seu director Xosé Antón Cascudo desde o 2011, en estreita colaboración coa Asociación Cultural Xermolos, cuxo presidente Alfonso Blanco lle cedeu o arquivo textual e fotográfico do poeta. O documental poderá verse de forma completa nos vindeiros meses.
O instante eterno indaga nalgunha das constantes poéticas de Díaz Castro a través de entrevistas con persoas vinculadas a esta figura, tanto amigos como especialistas na súa obra. Ademais, afonda na xenealoxía emocional de Nimbos a través de dous elementos fundamentais: a lingua e a paisaxe da infancia. A idea do proxecto é trazar un poema visual en cinco tempos, coincidindo coas catro estacións da vida de Díaz Castro e un epílogo sobre a pegada estética da súa obra.

jueves, 8 de mayo de 2014

DIAZ CASTRO, NIMBOS

UN UNIVERSO EN CADA VERSO.

DIAZ CASTRO, O RECORDADO NESTE DÍA DAS LETRAS GALEGAS, ADMIRADO POR CARVALHO CALERO

NOS, NA BIBLIOTECA CENTRAL DE FERROL, DENTRO DAS LETURAS DOS GRANDES POETAS, DEDICAREMOSLLE ISTE LUNS, 12 DE MAIO, AS SETE E MEDIA.




“Creo que a poesía é unha actividade puramente artística, que constitúe a forma máis perfecta de expresión dos seres humanos e as súas relacións. Isto implica sempre beleza e emoción estética: estes dous conceptos son esenciais. Poido afirmar que a poesía marcou a miña vida como forma máis viva e fermosa de expresión, como afición entusiasta, e –se me é lícito dicilo- como vocación, ler poesía é para min un gozo insuperable…  Hai moitos xéneros de poesía, pero penso que a poesía lírica, digamos, non é tal se non ten algo de transcendencia, é dicir, pensamento filosófico. Un concepto do mundo e do drama do destino humán… Penso que a miña poesía, preferiblemente simbólica sempre, fai referencia, directa ou indirectamente, ó home como ser caracteristicamente dramático; o home é o ser máis meu que ningunha outra realidade”.          DIAZ CASTRO


COMO UN ANXO AIRADO
O sol na Corda está enterrado,
morto e enterrado hastra a metá.
Nadan na lus somente un budio
e o ladro perdido dun can.
A sombra de tódalas cousas
vai resultando que é verdá.
E no oco do lusquefusque
vanse perdendo as miñas maus:
apalpo, cadora máis donda,
a oculta mentira da paz.
Vigilate et orate- dixo
Xesús, na Noite do Olivar.
¿ Onde foron os que se erguían
Coma deuses? Xa non están.
Treman no budio escuro bágoas,
rola unha estrela, dorme o can.
Derrétense os bronces da gloria
nas sombras da noite que cai.
Pro están eí as falsas mortas,
as serpes douradas de paz,
sombras na sombra confundidas,
donda la no teu cabezal.
¡ Erte, fillo, coma anxo airado,
rompe a paz, e ponte a loitar!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...