jueves, 8 de mayo de 2014

DIAZ CASTRO, NIMBOS

UN UNIVERSO EN CADA VERSO.

DIAZ CASTRO, O RECORDADO NESTE DÍA DAS LETRAS GALEGAS, ADMIRADO POR CARVALHO CALERO

NOS, NA BIBLIOTECA CENTRAL DE FERROL, DENTRO DAS LETURAS DOS GRANDES POETAS, DEDICAREMOSLLE ISTE LUNS, 12 DE MAIO, AS SETE E MEDIA.




“Creo que a poesía é unha actividade puramente artística, que constitúe a forma máis perfecta de expresión dos seres humanos e as súas relacións. Isto implica sempre beleza e emoción estética: estes dous conceptos son esenciais. Poido afirmar que a poesía marcou a miña vida como forma máis viva e fermosa de expresión, como afición entusiasta, e –se me é lícito dicilo- como vocación, ler poesía é para min un gozo insuperable…  Hai moitos xéneros de poesía, pero penso que a poesía lírica, digamos, non é tal se non ten algo de transcendencia, é dicir, pensamento filosófico. Un concepto do mundo e do drama do destino humán… Penso que a miña poesía, preferiblemente simbólica sempre, fai referencia, directa ou indirectamente, ó home como ser caracteristicamente dramático; o home é o ser máis meu que ningunha outra realidade”.          DIAZ CASTRO


COMO UN ANXO AIRADO
O sol na Corda está enterrado,
morto e enterrado hastra a metá.
Nadan na lus somente un budio
e o ladro perdido dun can.
A sombra de tódalas cousas
vai resultando que é verdá.
E no oco do lusquefusque
vanse perdendo as miñas maus:
apalpo, cadora máis donda,
a oculta mentira da paz.
Vigilate et orate- dixo
Xesús, na Noite do Olivar.
¿ Onde foron os que se erguían
Coma deuses? Xa non están.
Treman no budio escuro bágoas,
rola unha estrela, dorme o can.
Derrétense os bronces da gloria
nas sombras da noite que cai.
Pro están eí as falsas mortas,
as serpes douradas de paz,
sombras na sombra confundidas,
donda la no teu cabezal.
¡ Erte, fillo, coma anxo airado,
rompe a paz, e ponte a loitar!

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...