| (AMOR E SANGUE EN CHIAPAS) 
 Ando á procura dunha ollada súa
 que me confirme a fe que teño nela
 e avanzo a cegas coa maior firmeza
 noutra rebelión xusta que interna
 nunha urxente esixencia de certezas
 para este corazon rebelde e zapatista
 obligado a loitar polo evidente
 cuha serea furia
 antiga e sabia
 
 Desde o amor que resiste ó que o reprime
 con ela por compaña como antes
 ou eu só ben armado de nostalxias
 deixareime invadir de sangue maia
 para que retorne á súa propia terra
 ou consiga vivir outras mil vidas
 en loita contra o mundo
 se é preciso
 crebándolle o pescozo
 e desviando
 á historia do seu curso
 xunto coas mesmas victimas
 de sempre.
 
 xuño, 95
 | 
No hay comentarios:
Publicar un comentario