domingo, 4 de abril de 2010
Poemas de Emma Couceiro, hacia la PALABRA ENCARNADA
del libro AS ENTRAÑAS HORAS
CORPO DE MEDIA NOITE
Ella es su espejo incendiado, su espera en hogueras frias
su elemento mistico (...)
Alejandra Pisarnic
I
Agardo a esa estraña lúa
que cobizou guerras entrañas.
A que vence a luz nas tripas
e nos hemisferios das súas noites mentras queima.
A do meu corpo coas súas marcas de lúa.
E o espírito das augas no pescozo
a expresión que desentraña máscaras e remexe na terra.
Van a pasar séculos espertan ás pedras
mentra me miro e tento sentirme.
No espello
de novo nova pel e ondeo.
Primaveras e almarios que rexen e estalan e conteñen se son eu.
E debería ser eu,
afundir a lúa nas entrañas
e percorrerme.
La hermosa automata, se canta, se necanta(...)
Alejandra Pizarnik
II
E deberia ser eu e esquecerme, para non ir,
sen pasos,
a rastrear todo o que sae.
Que sae polas noites cando hai lúa
e descalza teño os pés brancos,
pés de lúa e unha nana
que dicia
Se dormes non vai a sair mais nunca a lúa,
e só hai unha lúa a que é un estraño espello
onde na na
desentraño,
dóeme pero sintome como ela, tan fermosamente enferma
e sen manchas nos ollos,
porque podo chegar a arríncar os ollos mentres
canto
e me atravesa
a luz da lúa nas entrañas.
Que bonito ir até o fondo na na
que bonito non ser nada
que se dormes non hai nada
na na nada
e ademais
teño os pés tan frios...
Por ser palabra e só palabra
antes de soterrar e afundir
a lingua e as entrañas
con ese ademán de
só unha
Para encher as horas
e desentrañar.
Porque son eu dememoriando a voz,
caendo por min sen sentilo
mentres
caio.
Porque non sei esta autodestruccion na pel máis alá
de só unha
Só unha
e aínda non sei cántos poemas
cántos.
+++++++++++++++++++
del libro (CITO)
(DECIMA PRIMEIRA) - NON
E finalmente
dicir tan só que
aos que alguha vez miramos non deberían mentirnos.
Finxirein de novo que comprendo,
pero eu
non comerei de esta mesa.
Tan perturbada para os ritos
tan anestesiada
chegarei cedo á casa
para gañar tempo (alí é cando me buscas,
nesa abundancia de nomes que sabe mal)
E qué poco di de min
esta renuncia innata,
porque é bastante probable que algún día asuma
que toda esta historia non é un dereito.
Pero nen aínda así comerei de esta mesa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario