(DE ESTREMAS)
Desde el desierto
Pues allí ha de nacer un clamor nuevo
Jose Angel Valente
ESTE POEMA é unha mole oceánica
que con furia apaixonada escavo no deserto
-non a esculpo desvéloa-
e o deserto estrema arqueada no horizonte
convexa
nada de soidade baleiro ou intemperie
senón lucidez de fósiles amados
que na ausencia da súa celebran esta carne
-a miña o corpo que desato-
É carnica de corpos agrestes que poboan o meu labio
este poema
e o la bio memoria e voz que asi se precipita
- o eu en vos destémese-
fala dos manglares dos usos do poema da rabia desatada
-A duna é esta nación de silice que nos move-
A sospeita abre un oco á túa beira
como sé so fose aire isto que rebenta
á de numero seriado
única voz
restos
Na sospeita non deambulo
deixo dicir
desato as trenzas das voces que me encarnan
e son todas
eu
e son a carne os espellos
os nervios que desligan
o precepto do poema
E digo: ósos que acariño
fermosas osamentas ardidas no deserto
rede de poros meus afectos
ámbar que atesoura a pulsión desta revolta
e vida que proclama
E se digo mineral ando nas raices
na cerna desta furia na vida que resiste
vibratil e latente
nos fósiles da duna
- esa nación de sílice-
E non por iso sufro
Falo do clamor
e das marcas que nos corpos baleirados sela a reixa
falo do ruído o ruído o ruído o ruído
e do pulo que latexa
no silencio de uadi al hitan
da furia celebrada
desta xubilosa mole oceanica que escavo
e se desvela
e é poema
No hay comentarios:
Publicar un comentario