POEMA A CRUÑA
..........E...¿quén son eu? Un poeta
ou, como quen di, un paxaro
a quen tallaron o bico
cando empezaba o seu canto;
e que, dende aquela, mudo,
dos patrios eidos xotado,
por longas terra e mares
arrastra as áas sangrando.
Un poeta a quen un dia
hastra ese nome negaron
porque arrolar nunca soupo
o sono vil dos tiranos;
porque seapertaba ós poboscos seus alegres recramos
i aigoraba auroras novas
que xa están alborexando;
un poeta aquen xueces
que Dios teña en seu descanso,
condenaron a cadea
que levan os presidarios
e cuios ferros, ¡ouh Cruña!
terra de peitos fidalgos,
mandaches limar a rentas
por man dos teus maxistrados.
Mais coido que nestas penas,
nestes aldraxes i escarnios,
nos que non hai groria algunha
(que de homes son os traballos)
estan as executorias
do voso tolo entusiasmo.
..............
Cuba, que améi delorida,
acólleme espatriado
e nella no ha de faltarme
unha conquiña de caldo.
..............
No hay comentarios:
Publicar un comentario