LIBERTÁ CHAMAS NOS OLLOS TRISTES
LIBERTÁ chamas nos ollos tristes nas caras do METRO nos que xa perderon o futuro e ganan o pan con sobresalto na gran cidade nos tesos cumes i en todo o silencio preguntando.
Vélante os xóvenes i os que saben da morte e xuntan inseguranza e desamparo. Cando vexo un neno penso en ti e si oio un bruído sin nome coido que ti chegas i acude todo o sangre.
Todo bruído sin nome é un agoiro.
Madrid / O Courel 1962- 1964 PASADAS tódalas Francias
por Ocitania ou Gascuña
ou de París a Iruña
xa diluídas distancias.
A Aragón por Cataluña
ou polo Norte por Son.
En pasádalas Navarras
as cadeas e as barras.
Pasados León e Castela
por Castela a León.
En pasado Monte Irago
e xa en Lingua de Galicia
Ponferrada e Vilafranca
deixando a chaira estanca
enas mesmas portas dela.
O Valcarce e sin perguicia
/ as penas de garamela /
apeitar para o Cebreiro
polo marcado carreiro
que a neve volve vago.
Encarar o porto incerto
o longo cerengo aberto.
A un lado i autro del
todo o horizonte en vela
os Ancares i o Courel.
Pasada Triacastela
do Iribio as faldras fago.
E por Samos Sarria a Lugo.
Oh Lugo a ti me adugo
e solo por ti me arredo
que ben mereces desandes!
Ver a Ponte a antiga vía
a Muralla a Catedral
de Dona Santa María
o Coro e o Grial.
E ver fincadas rezar
coma co antigo medo
poñer a súa alma núa
didiante dos Ollos Grandes.
E despois de rodear
de rodear e de estar
que non se fai o Camiño
solo para o rematar
cruza e debruza no Miño:
Portomarín sulo lago.
Palas Melide Arzúa.
E logo xa Compostela
/ Monxoi! Eoi! Ei Santiago! /
e párame á vista dela
mirar como eu o fago.
1 comentario:
ola rapaces, encántame a vosa proposta. Tedes un enderezo para vos escribir? graciñas e noraboísima, Ana.
Publicar un comentario