editado por XERAIS
COMO SE AÍ
nesa nau
estiveran escritas as palabras
as que ocultan o significado
as que pronuncio
Estou aí
na infinita engranaxe de perpiaño
no telon que oculta os ceos
na ondaxe
As palabras están nos ollos de Adosinda
no interior dos seus ollos
de Adosinda
fóra
hortas
unha árbore de froita
espida
amnésica
terdarei moito rempo en comprender que o meu matrimonio se derruba
Adosinda escribirá sobre os carburos
sobre a silicose
sobre os carburos
Perpetua dalará dos Doors
dos suicidas
pronto non serei senón sombra da cidade
da Alameda a Belvís
de Belvís a Arzúa
os meus pasos
desaforados
Adosinda loe o poema de Gilgamesh
descoñece a obra das poetisas sumerias
a obra de Enkeheduanna
de Nin-Shatapab
de Shibtu
de Kirum
escribe:
"a morte é o graal que da miña espiña pende"
os versos para Georg Trakl
"sorrin as biudeiras
negro é a suor que mece os insomnios da mapoula"
nese tempo longuísimo que é o imposíbel retorno con David
esa imposibilidade que dura xusto o tempo que Adosinda inviste nunha pasaxe
cara ao inferno
Venecia formara parte dese horror
así me recorda Inés
no absoluto terror das miñas lágrimas
Adosinda escribe sobre a inexistencia de Odiseo
escoito a Monteverdi
o labirinto son as relacións patriarcais
as relacións ue fan posíbel a Antigona
que fan inaudíbeis as profecias de Casandra
toda a traxedia ática non é senón un remorso
entón Gúdula e`plicarame polo miúdo como seducir a David
os ollos de Carlota mirándome
esixíndome que remate dunha vez
que me divorcie
naquel verso no que despedimos a Perpetua
nun ferry
da Transmediterránea
os zapatos brancos de Perpetua
a nosa firma
a túa
o invento foi desesperado
comenzou entón a miña obsesión por Oriente Medio
pola estirpe dos Lusignac
polos reis de Xerusalen
por Pafos
por Antioquía
anos máis tarde cando Adosinda escriba a paixón de Heloísa por Abelardo
e cando Celina
a fotógrafa
filme esa paixón por Abelardo
lerei para David as primeiras páxinas dun libro
o enterro do Mariscal
o mellor gerreiro de Inglaterra
así é que novamente quedei embarazada
nacín con Saínza ás dez e media da noite
do catorce de outubro
Saínza é a verdera autora dos versos de Adosinda Eriz
Saínza é a miña ósmose
o lugar onde recoñocerme
o Paradiso
que era difícil
realmente difícil pasar alí o Nadal
entón aconteceu aquilo entorno ao teléfono
unha chamada telefónica
e pensei que todos nós
todos os que presenciaramos aquela intensa traxedia
a traxedia de Gúdula e David levabamos esa marca
a marca desa aniquilación
dese tempo ardido
e pensei que eses cinco anos
anos pasados no seo desa familia
forón os únicos felices
e esa felicidade, a culpa pola súa perda era o que desolaba a miña vida
como unha enfernidade que todos nós padeciamos
soños de abandono
soños nos que todo, sen que se puidese saber porque se bifurcaba
pensei logo nunha chama reflectida no espello
nunha chama que ela mesma era o espello
e que as miñas maos podían atravesala
porque todo en nós fora consumido polas vicisitudes que tiveramos que vivir
e que eran o eco daquela situación feliz
que nos foramos así devorados
reducidos a brasa
a cinza
emerxía aquela ferida e tornábase irrealidade a vida
soño e confusión o estar desperta
e realidade aquela outra vida abandonada
os cinco anos do meu matrimonio con David
a vida transcorrida naqueles cinco anos
na casa de Gúdula e David
O que me atormentaba non era en si a dor nin o seu agromar
sinón a inversión entre os soños e o diurno
que os soños ocupasen a miña conciencia do real
e o real o lugar dos soños
Como se aquel amor fose eterno
se confundira coa eternidade
coa eternidade do sufrimento
como nun bosque a eternidade
e ese era o país das lágrimas
da serenidade
o camiño da morte
da razón
do suicidio
a casa iluminada
a casa onde se celebran festas
a casa de Gúdula e David
-a penas si sei se esta desgracia é miña ou tamén o teu destino
Adosinda recordara os traxes
os elegantísimos traxes de Inés
a maxistral escritora de relatos
a meller do Comite Central
no pequeno museo de Vassareli
en Aix
de Provence.
No hay comentarios:
Publicar un comentario